Sede electrónica
Cerrar
DEPORTE / ÁREAS MUNICIPAIS

DEPORTE

Área de deportes:

O noso Concello, dende o departamento de deportes, ten como finalidade poñer a disposición de todos os veciños e veciñas unha ampla oferta de actividades e  instalacións deportivas. A finalidade de esta oferta e facilitar o acceso o deporte a colectivos de todas as idades, para así fomentarlo e educar aos nosos rapaces e maiores en hábitos de vida saudables.

O Concello de Sobrado conta cunha ampla variedade de instalacións deportivas: pavillón polideportivo, ximnasio, campo de fútbol, piscina e pistas descubertas.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

 

Pavillón Polideportivo:

Dirección:

C/ Santiago do Campo nº 37

15813 – Sobrado (A Coruña)

 

Ximnasio:

Dirección:

C/ Santiago do Campo nº 37

15813 – Sobrado (A Coruña)

O ximnasio municipal atópase dentro do pavillón polideportivo. No vindeiro ano esperamos comezar coas melloras de dita instalación, para poder ofertar os demandantes unha ampla gama de máquinas tanto de musculación como de cardio.

 

Piscina descuberta:

Dirección:

C/ Santiago do Campo nº39

15813 – Sobrado (A Coruña)

 

Aberta durante os meses de xullo, agosto e mediados de setembro.

 

Campo de fútbol:

Dirección:

Lugar de Campos Arangados - Cumbraos

15815 – Sobrado (A Coruña)

 

Pistas descubertas:

Dirección:

Lugar de As Cruces

15815 – Sobrado (A Coruña)

 

Dirección:

Lugar de Esgueva – Mesón de Roade

15815 – Sobrado (A Coruña)

 

ESCOLAS DEPORTIVAS:

Dende o Departamento de Deportes organízanse actividades tanto no pavillón poliderportivo como nos distintos locais sociais das parroquias. Hay unha ampla oferta de actividades, para todas as idades, das que podedes disfrutar dende outubro ata xuño.

 

Actividades deportivas:

Fútbol sala

Badminton

Natación

Multideporte

Deportes de equipo

Pilates

Aerobic / Step

Ximnasia de mantemento

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

 

Corretroita popular Concello de Sobrado:

Esta competición organízase no mes de agosto, variando a data segundo o sábado da Feira da Troita. É unha carreria popular de aproximadamente 7 km, que transcorre por camiños de terra con algún tramo de asfalto.

 

Campus de fútbol Alex Bergantiños. Educa en Igualdade:

Durante as catro semanas do mes de xullo impártese o Campus de fútbol que leva o nome de Alex Bergantiños. Nel participan un centenar de nenos e nenas do Concello de Vilasantar, Sobrado e outros municipios do arredor. Preténdese fomentar o deporte en equipo e educar en igualdade.

 

Día da bici:

Está actividade organízase cada ano o primeiro domingo de agosto. A ruta en bici organízase co obxectivo de que participen veciños de todas las idades.

 

Festa da auga:

A festa da auga ten lugar na piscina descuberta do Concello de Sobrado. Organízase no mes de xullo ou agosto, dependendo do calendario das actividades de verán. Os participantes poden disfrutar de unha gran variedade de xogos con auga e de un hinchable instalado na piscina.

 

Rutas de sendeirismo:

O longo dos meses de xullo e agosto votámonos a andar e facemos diversas rutas polos roteiros no noso contorno. Si esquecer a Ruta da Carballeira a finais do 2015.

Máis información sobre a Ruta da Carballeira:

 

 

Excursións e acampadas no Centro Ecuestre Marco das Pías:

No mes de agosto todos os anos prográmase unha excursión e unha acampada para nenos de todas as idades. Con estas actividades pretendemos achegar e dar a coñecer outro deporte máis que é a equitación.