Sede electrónica
Cerrar
SAUDA DA ALCALDESA / CONCELLO

SAUDA DA ALCALDESA

No nome de toda a corporación municipal, quero darlles a benvida a Sobrado a través desta web que pretende ser por un lado unha ferramenta ó servizo dos nosos veciños e, por outra banda, unha fiestra a través da que coñecer o noso fermoso Concello.

Totalmente convencidos da necesidade de transparencia, axilidade e eficacia nos trámites diarios da administración local e da imprencindible participación cidadá, queremos que esta páxina sexa un referente para todos os veciños ós que quero animar a que nos fagan chegar todas as súas necesidades, inquedanzas e ideas. A nosa man está tendida para que todas elas teñan cabida nesta tarefa de ir mellorando día a día este fermoso Concello e os servizos para os nosos veciños.

E por suposto, dende aquí, quero animar tamén a todos os que non nos coñezan a visitarnos porque en cada recuncho de Sobrado atoparán un lugar para perderse en calquera época do ano e disfrutar do noso patrimonio cultural, histórico e natural.

O noso Concello, situado no centro xeográfico de Galicia, permitiralles viaxar a través da riqueza cultural e histórica (visitando monumentos como a Cidadela romana que data do século II d.c. na que moraron por aquel entonces militares da II Cohorte de Roma con base na Vía Lucus Augusta e, por suposto, o Mosteiro Cistercense de Santa María que data do ano 952 e que, declarado Patrimonio Histórico da Humanidade en 2015, constitúe un referente cultural e relixioso especialmente vinculado ó Camiño de Santiago dende tempos inmemoriais), pasear e relaxarse en variados e fermosísimos paraxes naturais (o nacemento dos ríos Tambre e Mandeo rodeados de bosques autóctonos en perfecto estado, a lagoa protexida por albergar numerosas especies de paso na súa migración natural ou formacións montañosas con vistas privilexiadas como a Cova da Serpe e o monte Bocelo), disfrutar de diversos eventos como a Feira da Troita ou as nosas festas tradicionais, de numerosos produtos naturais e unha rica oferta gastronómica e, o máis importante, da nosa xente que fará que quen nos visite se sinta acollido.

Oxalá que coa colaboración de todos sigamos mellorando os servizos municipais e este espazo se convirta nun lugar de participación, comunicación e información.

Un afectuoso saúdo

Mª Jesús García Souto