O Concello de Sobrado dispón dun Departamento de Cultura cuxo principal obxectivo é fomentar a cultura en todas as súas vertentes e tendo como destinatarios aos distintos grupos de idade. Entre as distintas actividades que se organizan dende este departamento, destacamos as seguintes:
Funcións do Departamento de Cultura
Organización de distintas actividades (actuacións musicais, baile rexional, contacontos, teatro, maxia, etc) a través dos distintos eventos:
· Cabalgata de Reis
· Festa e concurso de disfraces no Entroido
· Celebración do Día das Letras Galegas
· Festa da Familia (mes de xullo)
· Feira da Troita (mes de agosto)
· Participación nos programas culturais ofertados pola Deputación da Coruña (Rede Cultural) e a Xunta de Galicia (Ler conta moito, Cultura no Camiño)
-Asesoramento as asociacións culturais e tramitación de subvencións
-Cursos de formación para os distintos grupos de idade (informática, inglés, etc).