Sede electrónica
Cerrar
DEPORTE / ÁREAS MUNICIPAIS

DEPORTE

Área de deportes

O noso Concello, dende o departamento de deportes, ten como finalidade poñer a disposición de todos os veciños e veciñas unha ampla oferta de actividades e  instalacións deportivas. A finalidade de esta oferta é facilitar o acceso o deporte a colectivos de todas as idades, para así fomentarlo e educar aos nosos rapaces e maiores en hábitos de vida saudable.

Todo isto é posible grazas as axudas da Deputación da Coruña mediante o Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento de persoal técnico nos servizos municipais de deportes.

    

Instalacións deportivas

O Concello de Sobrado conta cunha ampla variedade de instalacións deportivas: pavillón polideportivo, ximnasio, campo de fútbol, piscina descuberta e pistas descubertas en varias parroquias.

  • Pavillón polideportivo e ximnasio:

Dirección: C/ Santiago do Campo nº 37. 15813 – Porta. Sobrado

  • Piscina descuberta:

Dirección: C/ Santiago do Campo nº 39. 15813 – Porta. Sobrado

  • Campo de fútbol:

Dirección: Lugar de Campos Arangados. 15815 – Cumbraos. Sobrado

  • Pistas descubertas:

Dirección: Lugar de As Cruces. 15815 – Cumbraos. Sobrado

Dirección: Lugar de Esgueva. 15815 – Roade. Sobrado

Escolas  deportivas

Dende a área de deportes organízanse actividades tanto no pavillón polideportivo como nos locais socias situados nas distintas parroquias. Estas actividades lévanse a cabo dende o mes de outubro ata finais de maio, e van dirixidas a todas as idades.

Modalidades:

  • Bádminton

  • Patinaxe

  • Multideporte

  • Natación

  • Fútbol sala

  • Judo

  • Pilates

  • Ximnasia de mantemento

          

Actividades deportivas

Dende a área de deportes búscase dar  acceso o deporte e para esto organizamos o longo do ano outras moitas actividades deportivas, co fin de poder practicalo de forma individual ou en familia.

  • Corretroita popular Concello de Sobrado

Esta competición organízase o segundo fin de semana de agosto, cadrando coa Feira da Troita que se celebra no noso concello. É unha carreira popular de 8km que transcorre pola contorna do Mosteiro de Santa María de Sobrador, e conta con parte do percorrido de terra e algún tramo de asfalto.

Na última edición formamos parte do “VIII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña”.

         

  • Día da bici

Esta actividade organízanse cada ano a finais de xullo. A ruta en bici está pensada para que participe xente de todas as idades e así poder pasar un bonito día en familia e entre veciños.

A ruta conta con dous intinerais un máis largo e outro más curto para os máis pequenos. O mosteiro é un punto clave no noso concello polo que é o sitio donde instalamos tanto a saida como a meta.

Todos os anos obsequiamos os nosos participates con unha camiseta e o rematar o percorrido sorteamos unha bicicleta.

              

  • Rutas de sendeirismo

O longo dos meses de verán votámonos a andar e facemos varias rutas polos roteiros do noso contorno. Sin esquecer a Ruta da Carballera que foi señalizada no 2015.

Información da Ruta da Carballeira:

  • Actividades lúdicas de verán

Estas actividades organízanse durante os meses de verán e van destinadas a rapaces e rapazas en idade escolar. Algunas das actividades que se levan a cabo son: xogos tradicionais, gymkanas de auga, búsquedas do tesouro, fútbol, xogos na piscina e olimpiadas.