Sede electrónica
Cerrar
AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL / ÁREAS MUNICIPAIS

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

 

¿QUÉ É?

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento local de Sobrado é o instrumento para a execución das accións de promoción económica, emprego, cooperación empresarial e o fomento do espíritu emprendedor.

OBXECTIVOS:

  • Asesorar ós emprendedores locais e ás empresas no relativo a súa constitución, marco legal, funcionamento, liñas de financiación, subvencións; e tramitar os diversos programas que a Dirección Xeral de Promoción do Emprego pon en marcha:
    • Apoio a emprendedores: autónomos, economía social e iniciativas de emprego.
    • Incentivos á contratación por conta allea
    • Programas de cooperación.
    • Escolas obradoiro e obradoiros de emprego.
    • Programas de Cooperación.
  • Acompañar o desenvolvemento de aqueles proxectos asesorados dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
  • Informar e tramitar subvencións para a mellora competitiva e ampliación de empresas xa existentes.
  • Detectar recursos ociosos, ou susceptibles de explotar, favorecendo a creación de empresas e a diminución do desemprego.
  • Axudar ó colectivo de desempregados, facilitando a súa inserción laboral colaborando na busca activa de emprego.

SERVIZOS QUE PRESTA:

  • Orientación e asesoramento laboral ós DESEMPREGADOS:
  • Ferramentas para a busca de emprego: currículum vitae, cartas de presentación, entrevistas, etc...
  • Información e intermediación laboral con empresas da zona que demandan traballadores.
  • Autoemprego e Economía Social; subvencións para inicio de actividade.
  • Información sobre accións formativas.
  • Orientación e asesoramento a EMPRENDEDORES:
  • Apoio de iniciativas locais de emprego.
  • Elaboración de proxectos empresariais; estudios de mercado e estudios de viabilidade
  • Trámites para a creación de empresas.
  • Información e tramitación de subvencións para a posta en marcha de empresas, contratación de traballadores, compra de maquinaria, etc...
  • Asesoramento e información do programa LEADER+.
  • Mediación con outros organismos de promoción empresarial.
  • Colaboración e asesoramento a EMPRESARIOS:
  • Difusión dos PROGRAMAS DE FOMENTO DO EMPREGO, para a contratación de xente do noso concello.
  • Información e tramitación de subvencións para a ampliación de empresas, adquisición de nova maquinaria, contratación de traballadores, préstamos subvencionados, etc...
  • Intermediación laboral, colaborando na busca de traballadores para as empresas.

DESTINATARIOS:

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local traballa cos seguintes colectivos:

  • Promotores cunha idea empresarial.
  • Pequenas e medianas empresas.
  • Asociacións.
  • Desempregados e desempregadas.
  • Público en xeral.

Datos de contacto:

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.

Óscar Ramos Seoane.
Concello de Sobrado.
email: oscar.ramos@sobrado.es
Tlf.: 981787508.
Fax: 981787577.