Home Taboeiro de novas Taboeiro de novas Campamentos Deportivos 2009
Campamentos Deportivos 2009
|
Da Deputación de A Coruña
04/06/2009
Información xeral:
DEPORTES: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia.
LUGAR: A Coruña
ALOXAMENTO: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
DURACIÓN: de domingo a sábado.
QUENDAS:
- 1ª quenda, do 5 ó 11 de xullo.
- 2ª quenda, do 12 ó 18 de xullo.
- 3ª quenda, do 19 ó 25 de xullo.
- 4ª quenda, do 26 de xullo ó 1 de agosto.
INCORPORACIÓN: domingo pola tarde.
REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 85€ que se ingresarán na conta que determine a Deputación, facendo constar “ Campamento deportivo Deputación da Coruña”. Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes.
INCLÚE: transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo. Avisarase nos concellos dos puntos de recollida e entrega dos participantes coa antelación suficiente.
Horario xeral
8.00 Erguerse
9.00 Almorzo
10.00 Práctica deportiva regular
14.00 Xantar 16.30 Obradoiros e actividades deportivas
18.00 Merenda 18.30 Xogos e deportes
21.00 Cea
22.00 Noitadas culturais 23.30 A durmir. Silencio
Actividades
Actividades deportivas preferentes:
Actividades deportivas complementarias:
Actividades relacionadas co medio natural:
Actividades culturais:
Inscricións
NO TEU CONCELLO RESPECTANDO O PRAZO SINALADO
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
Unha vez rematados os prazos de inscrición o concello realizará o sorteo público
Documentación que se entregará
Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Prazo de inscrición nos concellos
- 1ª e 2ª quenda....19 de xuño
- 3ª e 4ª quenda....26 de xuño
O Concello realizará un sorteo público diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación
Equipo recomendado
- Roupa interior, pixama.
- Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas…
- Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
- Toalla de baño.
- Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante.
- Cantimplora.
- Gorra e gafas para o sol.
- Crema protectora ( mínimo factor 15)
- Chuvasqueiro
- Mochila
IMPORTANTE: o material propio das actividades deportivas (ferros de golf, raquetas de tenis, pelotas, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.
|
|
QUENDA 1: Do 5 ó 11 de xullo Prazo de inscrición: 19 de xuño |
| A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada, Melide, Abegondo, Betanzos, Ordes, Frades, Boimorto, Toques, Santiso, Arzúa, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Vilasantar, Sobrado dos Monxes. |
| |
QUENDA 2: Do 12 ó 18 de xullo Prazo de inscrición: 19 de xuño |
|
Carballo, A Laracha, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Zas, Vimianzo, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Tordoia, A Baña, Negreira, Outes, Muros, Carnota, Santa Comba, Mazaricos, Val do Dubra, Trazo, Cerceda, Carral. |
| |
QUENDA 3: Do 19 ó 25 de xullo Prazo de inscrición: 26 de xuño
|
| Santiago, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra, Boqueixón, Touro, O Pino, Oroso, Ames, Brión, Noia, Rois, Lousame, Porto do Son. |
| |
QUENDA 4: Do 26 de xullo ó 1 de agosto Prazo de inscrición: 26 de xuño |
| Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, Neda, Mugardos, Fene, A Capela, Ares,Cabanas, Pontedeume, Vilarmaior, Miño, Monfero, Irixoa,Bergondo, Paderne,Coirós, Aranga, Curtis, As Somozas. | |
|

|
|
|
|