Home Taboeiro de novas Taboeiro de novas Campus de Fútbol 2009
Campus de Fútbol 2009
|
Da Deputación de A Coruña
04/06/2009
|
Información xeral:
DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado.
QUENDAS:
1ª quenda, do 5 ó 11 de xullo.
2ª quenda, do 12 ó 18 de xullo.
3ª quenda, do 19 ó 25 de xullo.
4ª quenda, do 26 de xullo ó 1 de agosto.
INCORPORACIÓN: domingo pola tarde.
REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 75€ que se ingresarán na conta que determine a Deputación, facendo constar “ Campus de fútbol” Deputación da Coruña”. Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes.
INCLÚE: estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.
|
|
Horario xeral: 8.00 Erguerse
9.00 Almorzo
10.00 Actividades de adestramento, fútbol.
14.00 Xantar
16.00 Partidos de competición interna, obradoiros, natación e actividades culturais.
18.00 Merenda
18.30 Xogos e deportes
21.00 Cea
22.00 Noitadas culturais
23.30 A durmir. Silencio
Actividades:
Específicas de fútbol
- Actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores.
- Iniciación dos principios tácticos básicos.
- Adestramento específico dos porteiros.
- Partidos de competición interna entre equipos. Os xogadores estarán mesturados e compostos por integrantes de diferentes concellos.
Outras actividades deportivas:
- Natación, baloncesto, xogos tradicionais...
Actividades relacionadas co medio natural:
- Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais.
Actividades culturais:
- Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.
Documentación que se entregará:
Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Prazo de inscrición nos concellos:
1ª e 2ª quenda......19 de xuño
3ª e 4ª quenda......26 de xuño
O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.
Inscricións
NO TEU CONCELLO RESPECTANDO O PRAZO SINALADO
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
Unha vez rematados os prazos de inscrición o concello realizará o sorteo público
Material recomendado
- 1 par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos (1 cm.). Non están admitidas as botas de tacos de aluminio nin tacos de plástico de rosca.
- Equipamento para porteiros: pantalón longo,guantes e suadoiro.
- Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
- Roupa interior, pixama.
- Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas…
- Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante, toalla de baño.
- Cantimplora.
- Gorra e gafas para o sol.
- Crema protectora ( mínimo factor 15)
- Chuvasqueiro
- Mochila
|
Quendas |
Concellos |
Prazo de inscrición no concello |
|
1ª
Do 5 ó 11 de xullo |
Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, Neda, Mugardos, Fene, A Capela, Ares,Cabanas, Pontedeume, Vilarmaior, Miño, Monfero, Irixoa,Bergondo, Paderne,Coirós, Aranga, Curtis, As Somozas. |
19 de xuño |
|
2ª
Do 12 ó 18 de xullo |
A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada, Cerceda, Melide, Abegondo, Betanzos, Ordes, Frades, Boimorto, Toques, Santiso, Arzúa, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Vilasantar, Sobrado dos Monxes. |
19 de xuño |
|
3ª
Do 19 ó 25 de xullo |
Carballo, A Laracha, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Zas, Vimianzo, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Tordoia, A Baña, Negreira, Outes, Muros, Carnota, Santa Comba, Mazaricos, Val do Dubra, Trazo, Carral. |
26 de xuño |
|
4ª
Do 26 de xullo ó 1 de agosto |
Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra, Boqueixón, Touro, Oroso, Ames, Brión, Noia, Rois, Lousame. |
26 de xuño |
|

|
|
|
|