5 DE XULLO- DÍA DA BICICLETA
Marcha ciclista por diversos puntos do Concello e con un sorteo de agasallos á finalización da ruta. Proporcionarase tamén unha bolsa de avituallamento para repoñer forzas.
DESTINATARIOS: Persoas de tódalas idades.
LOCALIZACIÓN: Saída do Concello ás 11.00h. Chegada ao Concello ás 12.30h aproximadamente. Sorteo de agasallos ás 13.00h.
PARTICIPACIÓN: arredor duns 60 participantes.
11 DE XULLO- DÍA DA FAMILIA
Actividade na que o Servizo de Deportes colabora coa de Servizos Sociais na comida entre familias e amigos que se celebra na Área Recreativa de "A Pontepedra", organizando e facendo unha serie de xogos tradicionais (carreira de sacos, xogo do ovo e a culler, da mazá, etc).
DESTINATARIOS: xente de todas as idades.
LOCALIZACIÓN: Área Recreativa de "A Pontepedra".
PARTICIPACIÓN: entorno a 400 persoas.
23 DE XULLO- EXCURSIÓN Ó AQUARPARK CERCEDA
Actividade na que disfrutaremos das instalacións do Parque Acuático de Cerceda e onde os participantes terán a oportunidade de pasar un día agradable en convivencia con xente de outros Concellos.
DESTINATARIOS: para tódalas idades aínda que máis encamiñado a xente de entre 8 e 16 anos.
LOCALIZACIÓN: Aquapark Cerceda.
PARTICIPACIÓN: calcúlase que sexa superior a 30 persoas para que nos poidamos acoller os descontos de grupo.
5 DE AGOSTO- EXCURSIÓN Á PRAIA
Viaxe á praia de Cabanas disfrutando de un día enteiro de praia e facendo diversas actividades físicas. Destacar que está previsto facer esta actividade conxuntamente co concello de Aranga compartindo desta maneira viaxe, estancia e participación nas actividades a desenrolar.
DESTINATARIOS: veciños de tódalas idades.
LOCALIZACIÓN: Praia de Cabanas.
PARTICIPACIÓN: 25 prazas por Concello.
XORNADAS DE SENDEIRISMO
A actividade desenrolaríase conxuntamente co concello de Aranga intercambiando lugares e rutas dos nosos correspondentes concellos alternativamente. Ideal para coñecer e disfrutar do noso entorno natural de maneira activa.
DESTINATARIOS: recomendamos que os participantes teñan de 10 anos en adiante, polas dificultades orográficas e físicas que se poidan atopar.
LOCALIZACIÓN E TEMPORALIZACIÓN:
4 xullo: Ruta Pena da Moura-Fervenza de Toques
29 agosto: Ruta do Monte do Gato (Aranga)
12 setembro: Ruta Variante da Carballeira (Sobrado)
3 outubro: Veiga do Mandeo (Aranga)
DESPRAZAMENTO: a cargo dos participantes.
PARTICIPACIÓN: para a realización destas poñeremos un mínimo de 10 sendeiristas por Concello para que poida compensar económicamente a súa posta en marcha.
ACAMPADAS DE VERÁN
Acampada Xuvenil
DESTINATARIOS: nenos de entre 12 e 16 anos
LOCALIZACIÓN: situación por determinar
TEMPORALIZACIÓN: a determinar
PARTICIPACIÓN: entre 8 e 10 rapaces/as.
DESENROLO: sendeirismo, xogos e unha noite de convivencia.
Acampada Infantil
DESTINATARIOS: entre 8 e 11 anos
LOCALIZACIÓN: parque da piscina.
TEMPORALIZACIÓN: a determinar.
PARTICIPACIÓN: entre 4 e 8 rapaces/as.
DESENROLO: xogos e unha noite de convivencia.
INFORMACIÓN XERAL:
981 787 508 - 647 628 694
www.sobrado.es