O vindeiro domingo 18 de outubro está programada unha rota de sendeirismo denominada "Rota do patrimonio" en Muniferral (Aranga).
Os que desexen participar nesta actividade partirán en coche particular dende a Praza de Sobrado ás 9.30 horas. O inicio da rota está fixada para as 10.15 horas na Igrexa de San Cristobo de Muniferral.
A duración é de 2 horas e os puntos importantes a visitar serán o castro de Muniferral, o bosque encantado de Vilela e a fonte dos mouros entre outros.
Observacións:
- levar auga, calzado que non teña a suela lisa, (preferiblemente calzado de montaña); roupa cómoda, bastón.
- Os menores de idade deberán levar acompañante ou autorización asinada. Menores de 10 anos obrigatorio acompañante.
- A organización reservase o dereito a realizar modificación na actividade co fin de garantir o éxito da mesma.
Inscricións e máis información: 647628694 - 981787508
ORGANIZA: Concello de Aranga
COLABORAN: Concello de Oza dos Ríos, Concello de Sobrado, Deputación de A Coruña, Coca Cola e AAVV Alba Muniferral.