O martes 2 de febreiro comeza o curso de informática na Aula Municipal de Informática que está ubicada no Edificio de Usos Múltiplos - Casa da Irmandade- na rúa Santiago do Campo nº1.
Haberá 3 grupos divididos do seguinte xeito:
- GRUPO I: de 5 a 10 anos (de 16.45h a 17.45h)
- GRUPO II: de 11 a 16 anos (de 18.00h a 19.00h)
- GRUPO III: a partir de 17 anos en adiante (de 19.30h a 20.30h)
INSCRICIÓNS: ata o venres 29 de xaneiro. 11 prazas por grupo. Nos grupos nos que se supere o número de prazas, realizarase un sorteo público o día 29, na Casa do Concello ás 13.00h. Máis información na Casa do Concello ou no teléfono 981 787 508