Home Taboeiro de novas Taboeiro de novas Arranca Xuventur 2010, que ofrece 1.500...
Arranca Xuventur 2010, que ofrece 1.500 prazas para aventuras de fin de semana en Casas de Turismo Rural
|
Neste programa participan máis de 150 Casas de Turismo Rural
02/03/2010
A Xunta de Galicia presenta Xuventur 2010, un programa de actividades de lecer e tempo libre no que poden participar mozas e mozos de entre 18 e 35 anos, que se vai levar a cabo entre marzo e xuño en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo. |
|
Este programa ten o dobre obxectivo de desestacionalizar o turismo rural e abrilo a un segmento da poboación que rexistra, ata agora, unha demanda minoritaria. Tamén permitirá que os participantes coñezan a xeografía e cultura galega a través destas actividades, así como achegarlles a riqueza e a diversidade de Galicia, experiencia que lles servirá para valorar e respectar o noso patrimonio cultural, natural e etnográfico.
Para facer máis atractivo o programa, en cada unha das casas rurais empresas especializadas programarán actividades de ocio e tempo libre para os participantes, tais como rutas a cabalo, paintball, tiro con arco, canoas ou sendeirismo.
No Xuventur 2010 participan máis de 150 casas de turismo rural de toda Galicia, que ofertan 1.500 prazas para a mocidade
IMPORTANTE: Para anotarse no programa Xuventur 2010, lembrade que:
1º.- Os número de telefono aos que debedes chamar para anotarse son o:
881.999.314
981.957.057
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h
2º.- Antes de chamar, elixide o programa e as datas nas que queredes participar, a fin de facilitar e facer máis áxil a reserva de prazas.
3º.- Unha vez teñades feita e adxudicada a reserva, lembrade que en 48h. máximo debedes facer o ingreso na conta que se vos indique, e envialo por Fax (xunto coa restante documentación) ao número: 981. 545.843.
Inmediatamente despois, mandádeo por correo urxente ao enderezo que se vos indica no folleto de Xuventur. De non facelo, a persoa perde os seus dereitos de adxudicación de praza.
4º.- Haberá unha lista de reserva de dez prazas por programa (non por fin de semana), e no caso de que non poidades acudir non se admite cambio de titular de xeito automático, senón que se recorrerá a lista de espera. Tampouco se devolverá o importe excepto no caso de que as actividades non se poidan realizar.
5º.- Só se poderá facer dúas reservas por persoa.
6º.- O prezo final son 100€ por persoa e praza, cun desconto do 25% no caso de acreditar que a persoa solicitante posúe o carné xove e que está vixente.
7º.- Tende en conta o equipamento específico de roupa a levar dependendo de cada programa.
Más información en la web www.xuventude.net
|
|

|
|
|
|