O Concello de Sobrado ven de por en funcionamento o novo servizo do Banco Municipal do Tempo.
Con este novo servizo preténdese facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
Un grupoñ de persoas dispostas a intercambiar o seu tempo para a realización de diversos servizos. É dicir, poñer a disposición dos socios do Banco Municipal do Tempo unha lista de tarefas que poden ofrecer e as horas de tempo que poden adicar a elas. A cambio recíbense esas mesmas horas adicadas noutros servizos que se necesiten.
Por exemplo un socio pon a disposición o seu tempo para acompañar ó médico a persoas maiores e a cambio recibe ese mesmo tempo empregado noutro servizo que necesite coma por exemplo que lle fagan a compra.
Se tes dúbida sobre este servizo ou queres máis información ponte en contacto co concello.