Sede electrónica
Cerrar
O Rally Terras do Mandeo preséntase oficialmente
Noticias

O Rally Terras do Mandeo preséntase oficialmente

O Rally Terras do Mandeo preséntase oficialmente

No marco incomparable do Balneario de Guitiriz e nun salón de actos prácticamente cheo, presentábase este mediodía a terceira edición do rally Terras do Mandeo. Unha presentación á que asistían os alcaldes dos concellos polos que discorre a proba, Regina Polín (Guitiriz), Javier Caínzos (Curtis), Lisardo Santos (Sobrado) e Alberto Platas (Aranga), quenes coincidían en alabar unha proba moi importante para a promoción dos seus concellos. Tamén por parte da Deputación da Coruña estaba presente o seu representante da área de deportes, José Liñares, quen refrendaba o compromiso institucional con unha carreira que ano tras ano se consolida dentro do panorama automovilístico nacional.

Varios foron os pilotos presentes, Angel Pérez, David Rivas, Alberto Otero, Perfecto Calviño, José Murado e Pablo Silva. Convidados polo comité organizador e logo de unha breve presentación individual, coincidían no agradecemento á organización de levar a bo porto un rally, que para algúns xa é o rally da casa.

Por parte do comité organizador, o seu presidente Juan Carlos Sánchez e o director da carreira Francisco Fernández, facían unha breve exposición do que será a carreira de este ano ó tempo que agradecían aos pilotos, insititucións e patrocinadores, algúns tamén presentes, como o director de comunicación de GADISA ou o xerente do Balneario de Guitiriz, a súa implicación co Rally Terras do Mandeo na súa terceira edición.