Sede electrónica
Cerrar
III Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa
Noticias

III Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa

III Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa

O domingo 6 de novembro celebrarase na Praza do Concello a III Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa. Unha xornada na que haberá exposición, venda e degustación de productos da comarca coma castañas, queixos, filloas, pan, productos da horta..., haberá servizo de pulpeira e degustación gratuita de callos ademáis de música en directo.

Como preámbulo o sábado 5 de novembro celebrarase a II Ruta Micolóxica acompañados por un experto. A saída terá lugar na Praza do Concello as 11,00 horas e o remate haberá unha degustación gratuita na Praza.

Pola noite haberá magosto e Festa de Halloween tamén na Praza do Concello  organizada pola asociación de empresarios de Sobrado.