Sede electrónica
Cerrar
Sobrado acollerá a primeira etapa da XVI Volta Ciclista á Provincia da Coruña
Noticias

Sobrado acollerá a primeira etapa da XVI Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Sobrado acollerá a primeira etapa da XVI Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Sobrado será lugar de paso na 1ª etapa da XVI edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña. Esta primeira etapa disputarase o venres 19 de maio, terá saida e a meta no Concello de Tordoia, e percorrerá outros concellos como Oroso, Ordes, Boimorto, Curtis ou o propio Sobrado.

25 equipos formarán parte desta XVI edición que terá unha duración de 3 días. Contará cun centenar de participantes procedentes de 13 equipos galegos, 10 do panorama nacional e tamén dous clubes portugueses invitados. Así mesmo haberá unha ampla oferta de actividades relacionadas co ciclismo para os máis pequenos nos 3 puntos de inicio e final de etapa: Tordoia, Carballo e Ortigueira.

Será o Club Ciclista Cambre o encargado da organización das actividades complementarias, que pretenden achegar o ciclismo aos nenos e nenas e promover o deporte de base.

A presentación de esta edición tivo lugar o pasado 16 de maio na Deputación da Coruña onde o responsable da área de Deportes, José García Liñares foi o encargado de explicar os detalles do evento, acompañado plo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto, os alcaldes de Tordoia Antonio Pereiro Liñares e Ortigueira Juan Penabad así coma e o deputado provincial de Turismo Xosé Regueira. No acto de presentación tamén participaron o presidente do Club Ciclista de Cambre, Antonio Carrodeguas e o recoñecido ciclista galego Ezequiel Mosquera.