Sede electrónica
Cerrar
Sobrado acollerá a entrega de premios do Rallie Internacional Terras do Mandeo
Noticias

Sobrado acollerá a entrega de premios do Rallie Internacional Terras do Mandeo

Sobrado acollerá a entrega de premios do Rallie Internacional Terras do Mandeo

O Centro Etnográfico de Teixeiro (Curtis) foi o esceario escollido para a presentación do cartel oficial da terceira edición do Rallie Internacional Terras do Mandeo e no que o comité organizador quere homenaxear os 30 anos de traxectoria de Carlos Aldecoa, incluindo 3 dos coches que pilotou na súa carreira deportiva. Optouse tamén por incluir neste cartel un dos Toyotas Aigo da Copa Kobe Motor, unha monomarca que agrupa a máis de 20 pilotos en cada proba e que sen dúbida enriquecen o Campionato de España de Rallies de Terra.

Ao acto asistiron ademáis do Alcalde de Sobrado Lisardo Santos, os alcaldes de Curtis, Aranga, Guitiriz, e o director do Balneario de esta última localidad, principais patrocinadores de un evento que os vindeiros 13 e 14 de maio traerá á zona toda a emoción do Campionato de España de Rallies de Terra.

Coa apertura das inscricións e a publicación do regulamento da proba, a semana pasada, o acto marcou o pistoletazo de saida a unha carreira que volverá a ter no recinto feiral de Curtis o seu centro neurálxico, coa ubicación dos parques de asistencia e oficina permanente. Novamente a praza do concello de Teixeiro será o punto de partida para rematar en Sobrado, onde o Mosteiro de Santa María acollerá o final do Rallie e a entrega de premios. Como novidade incorpórase á población de Guitiriz, que acollerá aos participantes na xornada de venres.

Máis información en www.rallyterrasdomandeo.com

Video de Presentación https://www.youtube.com/watch?v=bbEXB6XFWRA