Sede electrónica
Cerrar
Festa de Entroido 2018
Noticias

Festa de Entroido 2018

Festa de Entroido 2018

Chega o Entroido e queremos que o veñas a festexar por todo o alto a Sobrado. O Domingo 11 de febreiro celebramos o noso día grande. A partires das 13,30 horas contaremos con música en directo coa CHARANGA QUE PASA.

A partires das 17,00 horas damos inicio ó concurso de disfraces con 775€ en premios repartidos nas categorías de comparsa e individual. Haberá xogos para nenos, animación musical e ademais daremoslle un toque doce o final de festa con unha GRAN CHOCOLATADA.

Para anotarse no concurso podes chamar ó 981 787 508 en horario de 8,00 a 15,00 horas de luns a venres ou ben na Praza do Concello o propio día do CONCURSO.

 PICA NO ENLACE PARA PODER VER O CARTEL AMPLIADO https://www.sobrado.es/backoffice/file/entroido-2018-1757.jpg