Sede electrónica
Cerrar
HISTORIA / CONCELLO

HISTORIA

O Megalitismo en Sobrado:

O megalitismo é un fenómeno cultural que fai referencia á construción de grandes monumentos de pedra que xeralmente teñen un carácter funerario.

Estructuras Tumulares Galegas:

 En Galicia hai unha terminoloxía propia para referirnos aos túmulus, e así, falase de mámoa, medorra, medoña, meda, etc..., dependendo dos lugares, aínda que poden existir varias de estas formas na mesma comarca. No Concello de Sobrado temos dous claros exemplos de nomes de lugares, como son Medorra, na parroquia de Folgoso e Medoña, na parroquia de Cumbraos.

Destacar el estudio dirixido polo profesor Criado Boado, chamado " el proyecto de estudio de Serra de O Bocelo e O Val do río Furelos", que pretenden amosar unha perspectiva xeral do patrimonio arqueolóxico a través do tempo.

Sobrado, ao igual que as zonas limítrofes, debeu de ser desde moi antigo o lugar de habitación dunha numerosa poboación, a xulgar pola gran cantidade de túmulos sepulcrales que poboan o lugar e que rondan os setenta. O municipio está sitúado na Galicia Central polo que o seus megalitos serven de enlace entre os de Toques, no monte Bocelo e os de Curtis, ata as concentracións de Ordes.

O releve é o dunha zona de media montaña, que presenta as maiores altitudes no este coa Cova da Serpe, Fonte das Bestas e Campelo, que poucas veces sobrepasan os 750 metros, ao igual que acontece no sur co Bocelo. A altitude vai descendendo cara o oeste, onde ésta non chega aos 600 metros. As zonas máis baixas marcanas os vales dos rios máis importantes que atravesan o Concello: o Tambre, de este a oeste, e o Mandeo, de este ao norte. Ademaís, son abundantes os pequenos regatos, na súa maior parte, afluentes dos anteriores.

A grandes rasgos, é este o medio físico sobre o que se vai desenvolver a cultura tumular do Concello. Como regra xeral, os grupos de mámoas aséntanse preferentemente en pequenos "outeiros", da paisaxe granítica, con afloramentos na superficie e unha importante erosión, o que implica pobreza de chans que na actualidade soen estar cubertos de matorrais  e na cercanía de ríos ou outros puntos de auga.

A simple vista, observamos que en canto a distribución altimétrica, os túmulos de Sobrado, atópanse na súa grande maioría emprazados en terreos de suaves pendientes e chairas, feito éste que, según investigadores como Criado e Bello, amosarían a existencia dunha agricultura de aixada a pequena escala, baseada nun sistema de roza.

Outro factor a ter en conta, é a cercanía de vías de comunicación, como por exemplo, o Camiño Real, que pasa ao lado de varios grupos de Mámoas.

A pesares de que é moi difícil poñer límites cronolóxicos para os monumentos de este municipio pódese aproximar a súa datación entre o 2500 e 200 a C.

No cume do Monte Bocelo, debeu de existir unha necrópolis neolítica, desde a que se podía divisar unha ampla zona que abarcaba lugares do que hoxe son Sobrado, Melide, Curtis, Friol e Toques.... Aínda que non todas as Mámoas sitúadas nese lugar pertencen ao termo de Sobrado, é oportuno citalas aquí, posto que forman unha unidade e sitúanse nas terra limítrofes entre Sobrado e Toques.

Destos túmulos, un, coñecido como Fornos do Mouros ou Mámoa da Muruxosa, foi excavado por J. Baquero, entre os anos 1987 e 1989, como parte do proxecto Bocelo-Furelos, dirixido por F. Criado. Aséntase ao borde do Camiño Real, que pasa polo alto dese monte. Ten unha cámara poligonal cunhas medidas de 2,17 metros de largo e 2,90 metros de ancho. Esta formada por 7 laxas inclinadas cara o interior e sobre catro delas apóiase a pedra coberteira nun plano oblicuo que cae cara o frente, cunhas medidas de catro metros no lado maior e de tres metros no menor. Mentres duraron as excavacións colocáronse unhas vigas de ferro para axudar a sustentar esa tapa a que lle falta un pedazo nun dos seus extremos. A porta esta orientada cara o sureste e presenta un corredor de dous tramos. No interior sobre unha base branca, apareceron restos de pintura vermella e negra, que trazan figuras en zig-zag, e unha serie de puntos illados. A súa estrutura arquitectónica e o anel periférico, atópanse en boas condiciósn.

Muy próximas  a rocha coñecida como A Pena da Moura, e a uns 150 metros, en dirección a Sobrado, e ámbolos lados da pista, aparecen restos de outras dúas mámoas, unha das cales, foi desmoranada, en parte pola construción desta pista, quedando en pé dous dos soportes verticais.

Preto ás anteriores, atópanse outro grupo, das que só existen restos dalgunhas laxas que as formaron.

Existen un total de sete mámoas neste monte.

Tamén no Bocelo atopamos un menhir natural, coñecido como Pena da Moura, constituído por unha rocha granítica, motivo de numerosa lendas na zona e inclusive os habitantes considerana para predecir a chegada do inverno.

No lugar da Alvariza atópase outro túmulo que é coñecido no lugar, como a Mina, e do que si que alí foron soterrados militares antigos moi importantes.Na

Na pendente do Monte Corda da Ara, entre as Cruces e a Ciadella atopamos 4 mámoas, co perigo de desaparecer debido as excavacions da canteira. No lado esquerdo achamos outra ao lado da estrada e dúas máis un pouco máis alonxadas. No lugar coñecido como Fraga da Frades, don Manuel Losada atopou e abriu unha mámoa que parecía estar intacta. Cara a zona centro-este entre Vilariño e Vilasuso atopamos 7 máis e entre Costoia cara Brixaría podemos ver 4 máis. Polo que comentan os habitantes existian algunhas máis que foron destruidas para usar os materiais.

Xa na zona noroeste, na pendente do monte Cova da Serpe, no lugar de Rañón hai 4 mámoas. En grupos de 3 e 4 atopamos outras nos montes da Pena Gallada e Pena da Silva, así como dúas máis en Pena do Serrón. Tamén hai unha no Alto do Cordal e outra en Lousado. Descendendo un pouco cara os 500 m. atopamos un grupo grande en: Uceira (con dúas), Vilarchá (con unha) e Lagoa (con once).

No libro de "Sobrado de los Monjes. Gúia del turista" de Manuel Losada, aparece a exisentica de un Crónlech, que non foi achado con posterioridade.

No Múseo de Melide atópanse algunhas pezas achadas nas distintas mámoas, destacando unhas hachas de man pertencentes ao Neolítico, que se encontraban nas proximidades de Sante.

Los Castros en Sobrado: 

Os castros de Sobrado atópanse nunha zona de media montaña con altitudes que oscilan entre os 500 e 700 metros. Son castros non demasiado grandes, con eixos de 100 metros, excendendo un pouco de esta medida os de Sucastro, Grixalba, e Vilariño. Destacan os de pranta oval aínda que tamén existen algúns circulares coma o de Cumbraos.

A maioría de estes castros están na actualidade parcialmente destruidos e outros están cubertos de maleza, dificultando por ende, as súa observación e medición.

Posuimos escasos datos sobre a vida dos castreños e sobre o seu sistema económico, encamiñándose a maioría das actividades á obtención de alimento vestido.

Castro de Grixalba:

Sitúase no lugar de Penagrande. É un dos castros maiores do municipio, cunhas medidas aproximadas de 130 metros para o eixo norte-sur e 120 metros para o este-oeste, e cunha altura de case 10 metros. As persoas do lugar indican que alí vivían os mouros na época antiga, e que había agochados varios tesouros, pero que descubrilos podería ser perigoso.

Castro de Sante:

Coñecido tamén como Roda do Espiño sitúase na carretera dende Sobrado ata As Cruces. A complexa estructura do castro, fainos pensar nun castro primitivo e nunhas posibles ampliacións. A altura é de uns 5 metros. No interior testimónianse contrucións existentes na época así como algúns anacos de cerámica lisa sen debuxos e de cor alaranxados.

A Romanización en Sobrado:

Nas distintas campañas de excavación que se levaron a cabo neste municipio son numerosos os restos que se atoparon pertencentes á época que nos ocupa. A maior parte dos achádegos producíronse no Campamento Romano (parcialmente excavado).

Tesouriño de Gondrei:

No ano 1986 no lugar de Gondrei nunha finca propiedade da familia Rilo, achouse un cunco con 325 moedas no seu interior. Estas moedas do século IV consérvanse perfectamente lexibles e están depositadas, na actualidade, no Museo Terra de Melide.

Campamento Romando de A Ciadella:

Próximo á igrexa de a Ciadella atópase este asentamento romano, cuxas excavacións comezaron no ano 1934 e que no seu día albergaba a unidade militar Cohors I Celtiberorum. Actualmente o Campamento é propiedade da Xunta de Galicia desde o ano 1990.

Estructura:

O campamento solo foi excavado en parte e por iso, os datos que coñecemos non están completos.

Dimensións:

O recinto ten pranta rectangular redondeada nas esquinas, cunhas dimensións de 172 metros por 140 metros. A superficie total é de 2,40 ha.

Elementos defensivos:

A defensa está constituida por un foso parelelo á muralla que desapareceu en gran parte. Insertas nesta muralla aparecen restos de torres que sobresaen cara ao interior medio metro. De carácter defensivo son tamén varios postos que estaban no exterior do Campamento, un deles coñecido coma Medorra de Fanegas excavado por Criado Boado e Caamaño no ano 1983 confirmando, como o seu nome indica, que se trata de un monumento megalítico.

Tamén se atoparon a porta "Principalis Dextra" e o "Intervallum"

Edificacións:

No centro do Campamento descubriuse o edificio do "Principia" ou cuartel xeral. Entrase ao interior desde a "Via Principalis" por unha gran porta. A ámbolos lados desta atópanse dúas habitacións rectangulares e a continuación dous patios. No centro e ao fondo, atopamos a "Aedes", ou edificación de carácter relixioso, a cuxo lado dereito sitúanse 6 habitáculos de reducido tamaño.

O outro gran edificio central e o "Praetorium" ou casa do xefe da guarnición. É de forma rectangular e está ao este do "Principia", separado por un gran pasillo. 

Este edificio  sufriu algunhas remodelacións xa na época romana polo que resulta difícil dicir cales estructuras son anteriores ou posteriores.

Despois da marcha dos romanos dese lugar, cara o século VII produciuse unha reocupación do campamento por civiles xermánicos.

A Nobreza en Sobrado

Non é posible separar o apoxeo e acadado polo Mosteiro de Sobrado na Galicia medieval do poder que membros da nobreza galega como os Condes de Présaras primeiro, e os de Traba despois, tiveron neste territorio. 

A Fundacion do Monasterio de San Salvador

A orixe do Mosteiro data do ano 952, século X, no que Hermenexildo Alvítez e a súa dona Paterna, Condes de Présaras, donan o día 14 de maio do mesmo ano, ao Mosteiro moitas das súas posesións: aldeas, terras, montes, auga...Máis tarde, en decembro de 1966, engadiranse novas aportacións: o pobo de Sobrado coas súas casas, varias parroquias, mosteiros, gran cantidade de ganado, etc..

Un dos Mosteiros máis importantes

Dise que o período que vai de 952 a 977 foi de crecemento para Sobrado debido ao trasvase continuo das propiedades dos condes e dos seus fillos, o obispo Sisnando e o conde Rodrigo, incrementando a súa vez as numerosas donacións atraídas polo poder social dos fundadores. Os reis Ordoño primeiro e Ramiro III, otorgáronlle a San Salvador de Sobrado as regalías do Condado de Présars e dos de Nalar, Parga, Mera e Nendos.

Sobrado destinou a riqueza obtida ao consumo directo da comunidades monástica e da familia condal, ademáis de ao sostemento de pobre e peregrinos, xa que, aquí atopábase o Camiño Norte. Baixo este sistema de produción, Sobrado convertiuse un dos mosteiros máis importantes e poderosos de toda Galicia.

Pedro Mezonzo en Sobrado

Foi abade do Mosteiro benidictino de Sobrado, e pasou a posteridade como San Pedro Mezonzo, autor da Salve. Entrou como novicio no mosteiro no ano 959, e foi elixido abade no 965, cargo que exerceu ata 985, ano no que foi nomeado obispo de Santiago de Compostela. Faleceu no ano 1001.

Decadencia do Mosteiro

Entre os anos 977 e 1006, asistimos ao estancamento na evolución no dominio monástico de Sobrado e, dende 1006 ata 1042 á súa decadencia. O número de adquisicións do Mosteiro diminuiron e as rentas estancáronse. Coa doazón post morten do mosteiro ao Conde Menendo Gonzáles, polos sobriños de Dña. Paterna, Dña Munia e Guitierre, a decandencia non fixo senón aumentar. Os novos donos non posuían a forza que a familia fundadora tivera dentro da nobreza galega.

A partir do ano 1023, desaparecen por completo, as referencias documentais ao mosteiro, ata o ano 1118, no que a raiña Dña. Urraca e o seu fillo, Alfonso VII, devólveno aos Condes de Traba, heredeiros dos seus primeiros posuidores. E de supoñer que Sobrado desaparece como comunidade monástica nas primeiras décadas da segunda metade do século XI, e que a causa principal desta desaparición, foron as loitas que enfrontaron á nobreza galega co novo rei de Castela León, Fernándo I, quen despois de sofocar a rebelión dos nobre incorporou o edificio e as súas propiedade ao patrimonio real. Isto sucedeu no ano 1060.

Finalizaba así a etapa benedictina do mosteiro de Sobrado, xa que os monxes q o habitaban profesaban a orden de San Benito, autor da coñecidad máxima "Ora et Labora".

Sobrado e  orden do Cister

Os Condes de Traba, D. Fernándo Pérez e D. Bermudo, reciben no ano 1142, de mans do rey Alfonso VII o edificio e as súas posesións. Iníciase así a etapa cisterciense do Mosteiro. En 1141, fúndase o mosteiro ourensano de Oseira, e un ano máis tarde o de Sobrado. De Clairvaux llegan a Sobrado doce monxes brancos e o abade Pedro, ao que fan entrega do mosteiro, en Santiago de Compostela, os condes de Traba, o día 14 de febrero de 1142. O abade foi nomeado polo mesmo San Bernardo, fundador da Orde do Císter en territorio francés.

Facendo bo o lema benedictino do "Ora et labora", e tratando de levar adiante a estricta aplicación da regla escrita polo santo, a explotación directa das terras - é decir: o traballo manual - preséntase como o aspecto máis innovador dos introducidos pola orde cistercense en Sobrado, que resultou, así, revitalizado.

Espiritualmente, o que a Orde do Císter aporta a Sobrado e ó Occidente europeo en xeral é unha vivencia máis pura e estricta da regla de San Benito, patrón de Europa.

Concesións e privilexios

Os monxes contaron desde un principio co apoio da monarquía, interesada na reconquista do territorio peninsular e na colonización das terras que pasaron a mans cristianas. Era competencia do mosteiro a colonización non só das zonas próximas ao mesmo, se ben éstas foron as primeiras en ser explotadas, senón tamén de outras máis lonxanas. Para elo, os monxes contaron coa axuda dos condes de Traba e con apoio case incondicional do rey Alfonso VII.

Tanto este monarca castellano-leonés, como máis tarde Fernando II, concedéronlle ao mosteiro terras tan distantes de Sobrado como as da costa norte de Galicia, ou as das terras dos vales do Sil e o Miño, nas que os monxes instalaron case de inmediato varias granxas. O área de expansión colonizadora chegaría ata a meseta do Douro.

Entre 1142 e 1300 Sobrado fai un total de 1108 adquisicións baixo a modalidade ben de donacións, ben de compras.

O dominio do mosteiro non se reduce só ao medio rural; Sobrado chega tamén á cidade, a núcleos urbanos da costa como Burgo do Faro, A Coruña ou Betanzos, e a núcleos do Camiño de Santiago como Arzúa, Melide, Palas de Rei, Santiago de Compostela, Portomarín ou Villafranca do Bierzo.

As tres fases do Mosteiro

A primeira ou de iniciación entre os anos 1142 e 1160, a segunda, ou fase de crecemento, entre 1160 e 1222, e a terceira, ou fase de estabilización que abarca desde o 1220 ao 1300.

Como resultado de estas tres fases o mapa de asentamento rural de Sobrado sería máis ou menos este:

Unha zona, a primeira en ser colonizada, abarca as terras máis ou menos próximas ao mosteiro, cunha densidade de poboación superior ao resto. Son as cabeceiras dos rios Tambre, Mandeo e Ulla, e parte da meseta de Lugo.

A zona costeira que vai desde Cabo Prior ata a ría de Ferrol, nas Rías Altas. O interés por esta zona esta relacionado non só co desexo de buscar unha saída ao mar, senón tamén coa actividade pesqueira, e máis en concreto coa captura da balea.

Unha terceira zona que se extende polo val do río Miño, e rica e cultivo da vide. Por último, na zona este, o Bierzo e os vales do Cea e o Esla.

En canto ao asentamento urbán hai que decir que Melide, constituía un dos principais centros galegos do Camiño de Santiago e o lugar idóneo para a relación mosteiro-cidade.Sobrado participou, por concesión do rei Alfonso IX, na rentas de esta vila, onde ademáis chegou a adquirir un bon número de casas.

As donacións reais e as dos nobres laicos, achegan ao mosteiro a novos espazos situados no litoral galego. O rei Fernando II, contribuiu a dito achegamento ao otorgarlle a Sobrado o espazo comprendido entre o río Anllóns e o Oceano Atlántico. O Mosteiro viu así incrementadas as súas adquisicións ata a zona de Vilafranca e Molinaseca, na comarca do Bierzo, e a búsqueda de produtos como a sal e o trigo fixo que o seu dominio se extendese ata as beiras dos ríos Esla e Cea.

No período de estabilización ou terceira fase, Sobrado non fixo senón redondear as súas posesións e dominios.

Produción e Comercio

Os produtos estrela do dominio de Sobrado eran os cereais e a vide, os primeiros centeo, trigo e millo englobados baixo o nome xenérico de "pan", o alimento fundamental da época, e cultivado sobretodo nas zonas próximas ao Mosteiro, e nas terras do Val do Douro. No que respecta ao viño e ao cultivo da vide, o tramo do Val do Miño entre as confluencias do Sil e o Avia-ademáis da zona do Bierzo-.

As árbores cultivadas foron en primeiro lugar as maceiras, das que se obtiña a sidra, bebida casi exclusiva dos séculos X e XI, no norte de Galicia, e en menor cantidade castiñeiros e nogais. 

En canto a gandeiría, a cria de gando desempeñou un papel importante no dominio de Sobrado, sempre naturalmente como complemento da agricultura. Era bastante elevado o número de animais que poseían algunhas granxas.

Con respecto á pesca, o mosteiro beneficiouse de maneira inmediata de esta actividade tan propiamente galega e fixoo a través da concesión do dezmo das baleas capturadas e traidas ao porto ferrolán de Prior.

Especial importancia ten a partipación de Sobrado, na pesca fluvial. Preto do mosteiro existe unha lagoa artificial, da que non hai documentos que aporten informaición sobre a súa construción e a relación que puido ter cos monxes na época medieval, pero a súa existencia amosa o interese do mosteiro pola riqueza pesqueira.

Sobrado posuía unha mina na zona de Pedrafita, o que lle permitiu dispoñer de mineral de ferro para a fabricación de ferramentas propias e para o uso dos campesiños.

A todo isto, habería que engadir, os traballos artesanais de ferreiros, carpinteiros ou vidrieiros. Tamén á fabricación de texidos e curtidos de peles. 

A participación de Sobrado no tráfico comercial recibiu un gran impulso coas concesións feitas polo rei Alfonso IX. 

De Sobrado chegaron a depender trinta granxas. Ao frente de cada granxa estaba o "maestro da granxa", que se encargaba de dirixir a explotación e de administrala. A Orden do Cister, introduceu o feito da explotación racional e da administración centrada nas terras, sendo o principal responsable o cellararius, coa axuda do subcellararri, ademáis do encargado da contabilidade e os maestros da granxa.

Sta. María de Sobrado e do papado

O cister puxo a súa Orden baixo a protección da Santa Sede. Todos os obispos que tivesen na súa diócesis monxes cistercenses deberían comprometerse a respetar a regra nacida en Citeaux.