Sede electrónica
Cerrar
SAUDA DO ALCALDE / CONCELLO

SAUDA DO ALCALDE

Benvidos/as a Sobrado!!!

 

Douvos un cordial saúdo no nome do Concello, esta é a nosa nova páxina web. Intentaremos con moito esforzo e traballo poñer a túa disposición este punto de encontro. Unha web dinámica e moderna á vangarda das novas tecnoloxías.

Desde aquí intentamos amosar a todos/as os/as usuarios/as o noso Concello. Ides coñecer as nosas paisaxes, os nosos sobresaíntes monumentos entre os cales contamos co Mosteiro de Santa María de Sobrado, declarado en 2015  Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Sen esquecer a nosa Lagoa ou o Campamento Romano de A Ciadella, outros dos referentes turísticos de Sobrado.

En www.sobrado.es tamén desexamos reflexar a hospitalidade dos veciños de Sobrado no momento de recibir a todos/as aqueles/as camiñantes que cada vez en máis número chegan a través do Camiño Norte de Santiago, declarado tamén Patrimonio da Humanidade ó mesmo tempo que o Mosteiro de Santa María. Algúns por conviccións relixiosas e outros por variedade de inquietudes. Pero sempre todos/as eles/as deixando a súa pegada no noso Concello e levando consigo o cariño dos/as sobradeses/as coa súa partida.

Así, con esta web queremos dar a coñecer a terra que ve nacer os ríos Tambre e Mandeo e tamén intentar, co traballo e esforzo de todos/as, conseguir o recoñecemento que Sobrado se merece a todos os niveis. Desexo que tódolos/as veciños/as se sintan tan orgullos de ser de Sobrado como eu o estou de representar ó Concello.

 

Disfrutade de Sobrado

 

Luis Lisardo Santos Ares

 

Alcalde-Presidente