Área de deportes
O noso Concello, dende o departamento de deportes, ten como finalidade poñer a disposición de todos os veciños e veciñas unha ampla oferta de actividades e instalacións deportivas. A finalidade de esta oferta é facilitar o acceso o deporte a colectivos de todas as idades, para así fomentarlo e educar aos nosos rapaces e maiores en hábitos de vida saudable.
Todo isto é posible grazas as axudas da Deputación da Coruña mediante o Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento de persoal técnico nos servizos municipais de deportes.
Instalacións deportivas
O Concello de Sobrado conta cunha ampla variedade de instalacións deportivas: pavillón polideportivo, ximnasio, campo de fútbol, piscina descuberta e pistas descubertas en varias parroquias.
-
Pavillón polideportivo e ximnasio:
Dirección: C/ Santiago do Campo nº 37. 15813 – Porta. Sobrado
-
Piscina descuberta:
Dirección: C/ Santiago do Campo nº 39. 15813 – Porta. Sobrado
-
Campo de fútbol:
Dirección: Lugar de Campos Arangados. 15815 – Cumbraos. Sobrado
-
Pistas descubertas:
Dirección: Lugar de As Cruces. 15815 – Cumbraos. Sobrado
Dirección: Lugar de Esgueva. 15815 – Roade. Sobrado
Escolas deportivas
Dende a área de deportes organízanse actividades tanto no pavillón polideportivo como nos locais socias situados nas distintas parroquias. Estas actividades lévanse a cabo dende o mes de outubro ata finais de maio, e van dirixidas a todas as idades.
Modalidades:
-
Bádminton
-
Patinaxe
-
Multideporte
-
Natación
-
Fútbol sala
-
Judo
-
Pilates
-
Ximnasia de mantemento
Actividades deportivas
Dende a área de deportes búscase dar acceso o deporte e para esto organizamos o longo do ano outras moitas actividades deportivas, co fin de poder practicalo de forma individual ou en familia.
-
Corretroita popular Concello de Sobrado
Esta competición organízase o segundo fin de semana de agosto, cadrando coa Feira da Troita que se celebra no noso concello. É unha carreira popular de 8km que transcorre pola contorna do Mosteiro de Santa María de Sobrador, e conta con parte do percorrido de terra e algún tramo de asfalto.
Na última edición formamos parte do “VIII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña”.
-
Día da bici
Esta actividade organízanse cada ano a finais de xullo. A ruta en bici está pensada para que participe xente de todas as idades e así poder pasar un bonito día en familia e entre veciños.
A ruta conta con dous intinerais un máis largo e outro más curto para os máis pequenos. O mosteiro é un punto clave no noso concello polo que é o sitio donde instalamos tanto a saida como a meta.
Todos os anos obsequiamos os nosos participates con unha camiseta e o rematar o percorrido sorteamos unha bicicleta.
-
Rutas de sendeirismo
O longo dos meses de verán votámonos a andar e facemos varias rutas polos roteiros do noso contorno. Sin esquecer a Ruta da Carballera que foi señalizada no 2015.
Información da Ruta da Carballeira:
-
Actividades lúdicas de verán
Estas actividades organízanse durante os meses de verán e van destinadas a rapaces e rapazas en idade escolar. Algunas das actividades que se levan a cabo son: xogos tradicionais, gymkanas de auga, búsquedas do tesouro, fútbol, xogos na piscina e olimpiadas.