Sede electrónica
Cerrar
A Lagoa de Sobrado

A Lagoa de Sobrado

Moi preto do Mosteiro de Sobrado, áchase a coñecida Lagoa de Sobrado. Protexida pola Rede Natura 2000, convértese un dos humidais máis importantes da xeografía galega, tanto pola súa riqueza na súa flora como na súa avifauna.

Debemos agradecerlle aos monxes do século XVI a existencia desta lagoa, xa que foron eles quen a crearon ao longo dos anos, desde o 1500 ao 1530. Para o seu tempo, tratouse de unha obra de gran envergadura, o que da mostra do poder da Igrexa por aquel entón. Os motivos que levaron a construir esta Lagoa foron varios:

utilización para regadío de cultivos pretos á Lagoa mediante canais que tamén surtían aos muiños que traballaban para os abades. Outro obxectivo foi converter a Lagoa en viveiro de troitas coa fin de proveer de alimentos aos propios monxes e a outros cenobios da zona. Así, a Lagoa pertenceu a Orde Cistercense que no ano 1992 decidiu cedela á Sociedade Galega de Historia Natural.

A forma, case que circular da Lagoa, comprende unha superficie de 10 ha. cunha profundidade variable entre 1,5m e 4,5m.

Está situada a unha altitude de 510 metros e presenta unha variación anual do seu caudal duns 20 centímetros.

Entre a vexetación destacan especies como o bidueiro, o freixo, o carballo, salgueiro, ameneiro e o sauco. Nenúfares, trevos de auga, espigas de auga e xuncos forman parte da vexetación acuícola. Nas profundidades da Lagoa viven algas endémicas que atoparon neste lugar o seu habitat, como son a Nitella Flexilis e a Myriophyllum Alterniflorum.

A fauna atópase representada por especies como a londra, a rata de auga, a píntega rabilonga, a culebra de auga, o tritón marmoreado, o sapo raxado e ras patilongas e vermellas. En canto a avifauna destacan a cerceta real, o parrulo culler, o somorgullo pequeno, a galiñola negra e picapeixe.

A lagoa está prevista de miradoiros preparados para a observación da fauna.

Información de contacto