Sede electrónica
Cerrar
MEDIO AMBIENTE

MEDIO AMBIENTE

COMPROMISO DOS CONCELLOS COS OBXECTIVOS DE DESENVOLVMENTO SOSTIBLE E A
AXENDA 2030 E A ECONOMIA CIRCULAR
 
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible foi asinada en 2015 por todos os países membros das
Nacións Unidas e representa o compromiso internacional de afrontar os retos sociais, económicos e
ambientais da globalización, poñendo no centro das persoas, do planeta, da prosperidade e da paz,
baixo a o lema de non deixar a ninguén atrás.
 
O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible son os chamados Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal,
integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción para o desenvolvemento sostible que
debe acadarse antes do ano 2030.
 
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas deberían ser
controlados mediante o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións
Unidas, composto na actualidade por 247 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns
indicadores repiten).
 
Nas estatísticas de síntese Indicadores estatísticos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible
de Galicia achéganse unha serie de datos estatísticos procedentes de fontes de información oficiais que
permiten medir a nivel rexional os indicadores definidos polas Nacións Unidas. Existen obxectivos e
metas para os que aínda non existe unha serie de datos que permita facer un seguimento da súa
evolución, pero que irán incorporando progresivamente a medida que se vaian analizando as distintas
fontes de información oficial dispoñibles ou se acometen novas estatísticas para satisfacer aquelas
necesidades para as que non existe na actualidade ningunha información.
 
A maioría dos indicadores desta publicación contan cunha metodoloxía armonizada polos organismos
centrais de estatística das comunidades autónomas, que garante a súa comparabilidade a nivel
autonómico (nota do grupo de traballo das comunidades autónomas).
 
A través da seguinte ligazón pódese acceder á web da UE sobre axenda 2030:
http://www.ige.eu/Shiny/Agenda2030/ 
 
Nesta liña os alcaldes dos tres concellos teñen suscrito o Pacto Europeo dos Alcaldes para o Clima e
a Enerxía. Esto implica unha serie de compromisos a acadar.
Os concellos signatarios comprométense a actuar para apoiar a aplicación do obxectivo europeo de
reducir os gases de efecto invernadoiro nun 40% ata o 2030 e adoptar un enfoque común para
promover a mitigación e adaptación ao cambio climático.
Para traducir o seu compromiso político en medidas e proxectos prácticos, os signatarios do Pacto
comprométense a presentar, nos dous anos seguintes á data da decisión do seu concello, un Plan
de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) que describe as accións clave que se
pretenden realizar. O plan incluirá un inventario de emisións de referencia para monitorear as
accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticos. A estratexia de
adaptación pode ser parte do PACES ou desenvolverse e incorporarse a un documento de
planificación independente. Este valente compromiso político marca o inicio dun proceso a longo
prazo no que as cidades comprométense a supervisar a implementación dos seus plans cada dous
anos.
 
Pódese obter máis información no seguinte link:
https://pactodosalcaldes.gal/gl/pacto