Sede electrónica
Cerrar
Accesibilidade

Accesibilidade

Concello de Sobrado  procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesíbeis para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima os Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesíbeis e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñíbel nas súas páxinas de internet sexa accesíbel a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño desta web promovida polo Concello de Sobrado realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI do W3C.