O Concello de Sobrado dispón dun Departamento de Cultura cuxo principal obxectivo é fomentar a cultura en todas as súas vertentes e tendo como destinatarios aos distintos grupos de idade. Entre as distintas actividades que se organizan dende este departamento, destacamos as seguintes:
Funcións do Departamento de Cultura
Organización de distintas actividades (actuacións musicais, baile rexional, contacontos, teatro, maxia, etc) a través dos distintos eventos:
· Cabalgata de Reis
· Festa e concurso de disfraces no Entroido
· Celebración do Día das Letras Galegas
· Festa da Familia (mes de xullo)
· Feira da Troita (mes de agosto)
· Participación nos programas culturais ofertados pola Deputación da Coruña (Rede Cultural) e a Xunta de Galicia (Ler conta moito, Cultura no Camiño)
-Asesoramento as asociacións culturais e tramitación de subvencións
-Cursos de formacón para os distintos grupos de idade (informática, inglés, etc).
O Concello dispón dun Edificio de Servizos Múltiples “CASA DA IRMANDADE” onde están ubicados o Punto de Lectura e a Aula de Informática
C/ Santiago do Campo, nº 1
15813 Sobrado (A Coruña)
Tfno: 981787710
Horario de apertura: de luns a venres de 16:30h a 20:00h