Sede electrónica
Cerrar
TURISMO / ÁREAS MUNICIPAIS

TURISMO

 

A área de turismo do Concello de Sobrado, ten como obxectivo prioritario poñer en valor o patrimonio natural, cultural e histórico deste Municipio co fin de potenciar os seus recursos e favorecer a chegada de visitantes.

Destacar a vital importancia do Camiño Norte de Santiago que discorre por Sobrado e que supón, para a localidade a chegada de milleiros de peregrinos que aportan gran riqueza cultural e constitúen un importante motor económico para o Concello. A recente Declaración de Patrimonio da Humanidade, por parte da UNESCO, supón un destacable e ilusionante reto para a mellora día a día con novos proxectos.

A Oficina de Turismo, sitúada en Praza Portal 1 (Casa do Concello, pranta baixa) presta servizo de información aos visitantes de luns a venres en horario de 8,30 a 14,30 horas

Teléfono de contacto: 981787508

turismosobrado@gmail.com

Pode descargar a guía de turismo do Concello de Sobrado facendo clic aqui.