Sede electrónica
Cerrar
SAUDO DO ALCALDE / CONCELLO

SAUDO DO ALCALDE

Benvidos a Sobrado!!!

Douvos un cordial saúdo no nome do Concello, esta é a nosa nova páxina web. Intentaremos con moito esforzo e traballo poñer a túa disposición este punto de encontro. Unha páxina web dinámica e moderna á vangarda das novas tecnoloxías.

Desde aquí intentaremos amosar a tod@s @s usuari@s o noso Concello. Ides coñecer tanto as nosas paisaxes coma os nosos magníficos monumentos entre os cales contamos co Mosteiro de Santa María de Sobrado, declarado recentemente Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Sen esquecer a súa Lagoa ou o Campamento Romano de A Ciadella, outro referente turístico de Sobrado.

Nela tamén queremos reflexar a hospitalidade dos veciños de Sobrado no momento de recibir a tod@s aquel@s camiñantes que a poucos pero que cada vez máis chegan a través do noso Camiño Norte de Santiago, declarado tamén Patrimonio da Humanidade neste ano 2015. Algúns por conviccións relixiosas e outros por outro tipo de inquietudes. Pero calqueira deles deixando a súa pegada no noso Concello e levando tamén o cariño dos sobradenses coa súa partida.

Así, con esta páxina queremos dar a coñecer o Concello que ve nacer os ríos Tambre e Mandeo e intentar co traballo e esforzo de tod@s conseguir o recoñecemento que se merece en primeira liña, a todos os niveis. E conseguir que tod@s @s veciñ@s estén orgullosos de ser de Sobrado tal como estou eu de representar ó Concello.

 

Disfrutade de Sobrado

 

Un saúdo

 

O Alcalde Lisardo Santos