Sede electrónica
Cerrar
CULTURA / ÁREAS MUNICIPAIS

CULTURA

   

O Concello de Sobrado dispón dun Departamento de Cultura cuxo principal obxectivo é fomentar a cultura en todas as súas vertentes e tendo como destinatarios aos distintos grupos de idade. Entre as distintas actividades que se organizan dende este departamento, destacamos as seguintes:

Funcións do Departamento de Cultura

Organización de distintas actividades (actuacións musicais, baile rexional, contacontos, teatro, maxia, etc)  a través dos distintos eventos:

·         Cabalgata de Reis

·         Festa e concurso de disfraces no Entroido

·         Celebración do Día das Letras Galegas

·         Festa da Familia (mes de xullo)

·         Feira da Troita (mes de agosto)

·         Participación nos programas culturais ofertados pola Deputación da Coruña (Rede Cultural) e a Xunta de Galicia (Ler conta moito, Cultura no Camiño)

-Asesoramento as asociacións culturais e tramitación de subvencións

-Cursos de formación para os distintos grupos de idade (informática, inglés, etc).