Sede electrónica
Cerrar
O catalán Xevi Pons gañador do III Rally Terras do Mandeo
Noticias

O catalán Xevi Pons gañador do III Rally Terras do Mandeo

O catalán Xevi Pons gañador do III Rally Terras do Mandeo

Cando a victoria parecía decantarse a favor de Alex Villanueva, que a falta de 2 tramos lideraba con unha renta de 30 segundos, problemas mecánicos do piloto madrileño no penúltimo tramo servían o triunfo a un coche debutante, o Peugeot 208 Maxi Rally, pilotado polo catalán Xevi Pons. Na segunda posición quedaba o Citroen DS3 R5 de Alex Villanueva e a terceira posición recaía no veterano Carlos Aldecoa,  quen este ano cumple 30 anos competindo e que se beneficiaba do abandono de Jorge del Cid, cando loitaba con él por esa terceira praza.

No grupo N, victoria para o piloto vasco Gorka Eimendi que lideraba o rally de principio a fin, por diante de Juan Carlos Quintana e Eduard Fores. En 2 rodas motrices victoria para o piloto galego David Rivas logo de unha bonita loita ao longo de todo  o día con José Manuel Mora, o que problemas mecánicos o relegaban ó terceiro posto por detrás do tamén galego Javier Pardo.

Nas copas de promoción, a Evo Cup era para Eduard Fores que se beneficiaba de un pinchazo no penúltimo tramo do piloto canario Marcos González e do abandono por rotura de embrague, tamén neste tramo, de Jorge del Cid, quen ata o momento lideraba a copa. Na copa Kobe man a man ao longo de todo o día entre Unai García e Ramón Cornet, que se repartían os scrachs toda a xornada. O final victoria para Unai que aventaxaba en 21 segundos a Ramón Cornet, na terceira posición quedaba Javier Bouza. Xa por último no criterium a victoria recaía para José Antonio Ramos