
Visita da Conselleira de Medio Rural a Sobrado
Ánxeles Vázquez, Conselleira de Medio Rural estivo onte en Sobrado nunha charla informativa dirixida aos gandeiros de Sobrado que se celebrou na Sala Capitular do Mosteiro de Santa María de Sobrado.
En dita charla explicáronse temas como a nova Lei do Solo e as axudas do PAC. Asistiron o encontro o alcalde de Sobrado Lisardo Santos o concelleiro Jacobo Fernández, o alcalde de Curtis Javier Caínzos e a alcaldesa de Boimorto María Jesús Novo.