Sede electrónica
Cerrar
O Festival ESPAZOS SONOROS 2018 visitará o Campamento Romano de A Ciadella
Noticias

O Festival ESPAZOS SONOROS 2018 visitará o Campamento Romano de A Ciadella

O Festival ESPAZOS SONOROS 2018 visitará o Campamento Romano de A Ciadella

Será o domingo 2 de setembro as 17:00 horas. Previamente ó concerto haberá unha visita guiada contextualizadora do Campamento

O Festival ESPAZOS SONOROS 2018 estará presente no CAMPAMENTO ROMANO DE A CIADELLA o domingo 2 de setembro as 17:00 horas. A formación musical que nos visitará será SAX ANTIQUA. Previo ó concerto farase unha visita guiada contextualizadora do Campamento.

Sax Antiqua é un grupo pioneiro pola súa dedicación en exclusiva á interpretación de música barroca arranxada para conxunto de cámara de saxofóns. Integrado por nove saxofonistas profesionais de diversa procedencia, entre os que destaca a galega Sara Seoane, o grupo pretende levar un instrumento moderno, como o saxofón, tradicionalmente asociado á música de jazz, a un ámbito, en principio, alleo como é o da música antiga.

Desde a súa formación en 2003, o grupo vén desenvolvendo un frutífero labor concertístico que os levou por importantes escenarios da península ibérica e do resto de Europa, con programas nos que abordan repertorios de autores intemporais como Bach, Corelli, ou Purcelli, que a formación transforma a través dos seus propios arranxos, devolvéndoos logo adobiados con modernas sonoridades, para que poidan ser saboreados por un amplo público.

Antes do concerto do grupo Sax Antiqua, que terá lugar onda os restos dun dos máis importantes conxuntos arqueolóxicos de época romana dos que se conservan en Galicia, teremos oportunidade de realizar unha visita contextualizadora ao campamento, guiada por expertos técnicos do servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, responsable das escavacións e actuacións arqueolóxicas que se están a levar a cabo neste espazo.