FESTA DE ENTROIDO 2026
Domingo 15 de febreiro de 2026

Bases concurso de disfraces Entroido 2026
“BASES DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2026”
As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Sobrado 2026 son as seguintes:
PRIMEIRA:
O Concurso de Disfraces Sobrado 2026 terá lugar o domingo día 15 de febreiro ás 17:00 horas rematando ás 20:00
horas.
SEGUNDA:
O concurso terá lugar en Praza Portal. O concello poderá trasladar a outro lugar o concurso de disfraces en caso de
inclemencias meteorolóxicas.
TERCEIRA:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen e reúnan os requisitos esixidos nestas bases.
CUARTA:
Quedan establecidas dúas categorías:
1ª categoría: categoría individual infantil (ata os catorce anos inclusive).
2ª categoría: categoría de comparsas, que deberán estar formadas por un mínimo de catro membros, de todas as
idades.
QUINTA:
Para participar é obrigatorio inscribirse nas oficinas da Casa do Concello ou no teléfono (981)787508 e senon o
mesmo día do concurso polo menos 15 minutos antes do comezo do concurso.
SEXTA:
PREMIOS
1ª CATEGORÍA (INDIVIDUAL-INFANTIL)
1º CLASIFICADO………………….. 100€
2º CLASIFICADO………………….. 50€
3º CLASIFICADO………………….. 25€
2ª CATEGORÍA (COMPARSAS)
1º CLASIFICADO…………………. 300€
2º CLASIFICADO…………………. 200€
3º CLASIFICADO…………………. 100€
SÉTIMA:
O xurado nomeado a tal efecto será o encargado de outorgalos premios e estará composto por:
-1 membro da Corporación Municipal.
-2 persoas do público.
-2 membros da empresa encargada da animación da festa.
No concurso teranse en conta, a orixinalidade, a vistosidade e a escenificación, valorándose en maior medida os
disfraces de creación propia. Poderase declarar deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os
méritos suficientes.
OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades, realizarase unha vez rematado o concurso de maneira simbólica, xa
que a efectividade do premio farase por transferencia bancaria no número de conta indicado polos premiados.
Para cobrar o premio os gañadores deberán designar un representante (Nome, apelidos e DNI) e facilitar no concello un
certificado do número de conta co IBAN o seu nome para facer efectivo o ingreso xunto cunha copia do DNI.
NOVENA:
O feito de participar no concurso de disfraces implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das
presentes bases así como a autorización para a publicación e uso das imaxes e vídeos orixinados neste evento cultural.
