Sede electrónica
Cerrar
IV Feira Gastronómica do Outono
Noticias

IV Feira Gastronómica do Outono

IV Feira Gastronómica do Outono

O Concello de Sobrado organizará os vindeiros días 4 e 5 de novembro a IV Edición da súa Feira Gastronómica do Outono. O punto de encontro será na Praza do Concello onde haberá exposición e venda de produtos, mostra de oficios tradicionais, música en directo, talleres e xogos para nenos e maiores así coma un xantar popular.

Farase unha recollida e degustación de cogumelos ademais de  tapas gratuitas nos locais de hostelería. A ASCEP de Sobrado (Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais), fará un sorteo de 200€.