
IV Campus de Fútbol Alex Bergantiños "Educa en Igualdade"
Chega unha nova edición do Campus Alex Bergantiños que coordinan de forma conxunta os Concellos de Vilasantar e Sobrado. O data de inicio será o 4 de xullo e a data de finalización será o 22 de xullo.
As quendas serán as seguintes:
Semana do 4 ao 8 de xullo Prebenxamín - Benxamín (2009-2008-2007-2006)
Semana do 11 ao 15 de xullo Benxamín - Alevín (2007-2006-2005-2004)
Semana 18 ao 22 de xullo Alevín - Infantil (2005-2004-2003-2002)
COTA DE INSCRICIÓN:
Nenos e nenas de Sobrado e Vilasantar: GRATUITO
Persoas participantes doutros concellos: 1 semana 50€ / 2 semanas 90€
Ingresaranse na conta: ES16 2080 0024 1931 1000 0012 facendo constar no concepto "Campus de Fútbol 2016"
INSCRICIÓNS:
Nos Concellos de Sobrado e Vilasantar, con data límite ata o 1 de xullo
Tfnos: 981 77 81 69 Vilasantar / 981 78 75 08 Sobrado