Sede electrónica
Cerrar
A DEPUTACIÓN DESTINA 62.065 EUROS ÁS OBRAS DE REPARACIÓN DA CUBERTA DO CLAUSTRO DE PEREGRINOS DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO
Noticias

A DEPUTACIÓN DESTINA 62.065 EUROS ÁS OBRAS DE REPARACIÓN DA CUBERTA DO CLAUSTRO DE PEREGRINOS DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO

A DEPUTACIÓN DESTINA 62.065 EUROS ÁS OBRAS DE REPARACIÓN DA CUBERTA DO CLAUSTRO DE PEREGRINOS DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE SOBRADO

A Deputación da Coruña investirá 62.065 euros nas obras de reparación integral da cuberta do claustro de peregrinos do mosteiro de Sobrado.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o prior da orde cistercense de Santa María de Sobrado, Carlos Gutiérrez Cuartango, asinaron na mañá do venres 13 de xullo, na sede da institución provincial, o convenio de colaboración que articula esta achega económica, nun acto ao que tamén asistiu o alcalde do Concello de Sobrado, Luis Lisardo Santos Ares, e o deputado responsable da área de Turismo e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira.

González Formoso destacou o "inmenso valor patrimonial do mosteiro de Sobrado", o único monumento da nosa provincia, xunto á Torre de Hércules, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e considerou que as obras son necesarias para conservar o mosteiro e garantir a seguridade dos monxes que residen nel e das miles de visitas que recibe cada ano.

Pola súa parte, o prior de mosteiro, Carlos Gutiérrez Cuartango, agradeceu o apoio económico da Deputación para financiar estas obras, tal como comprometera o presidente provincial na súa visita ao mosteiro, e invitou a González Formoso a visitar de novo o cenobio unha vez estean rematados os traballos.

O proxecto consistirá na reparación das cubertas das alas sur, leste e oeste do claustro, que presentan un elevado grao de deterioro debido ao paso do tempo e á falta de mantemento, e que supoñen un perigo evidente polo continuo desprendemento das tellas nun lugar cunha afluencia constante de visitantes. Ademais, o mal estado da actual cuberta produce filtracións de auga no interior do mosteiro que se resolverán unha vez completados os traballos.

Estas obras completarán as reformas xa levadas a cabo pola Deputación na ala norte que dá acceso ao claustro e suporán a renovación integral da cuberta con tella vermella de cerámica curva, de similares características á existente na actualidade.