
Obradoiro de Emprego "O Fogar da Montaña"
Este martes, os alcaldes dos concellos de Sobrado (Lisardo Santos), Curtis (Javier Caínzos), Vilasantar (Fernando Pérez), Boimorto (MºJesús Novo), Mesía (Mariano Iglesias) e Toques (Jose Angel Penas) tiveron unha reunión na Casa Consistorial de Sobrado na que asentaron as bases para o desenvolvemento do Obradoiro de Emprego "O Fogar da Montaña".
Solicitáronse un total de 30 prazas, 15 para atención sociosanitaria a persoas en domicilio e 15 para atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais.