
A XVII VOLTA CICLISTA Á PROVINCA DA CORUÑA PASARÁ POR SOBRADO
Unha edición máis, a Volta Ciclista á Provincia da Coruña que neste ano celebra a súa XVII edición será lugar de paso polo Concello de Sobrado.
Este evento terá lugar o sábado 2 de xuño no transcurso da 2ª etapa da proba que terá inicio e final en Curtis con un percorrido de 133 kms.
O horario previsto do paso da carreira será entre as 15:45 (42 km/h de promedio) e as 15:48 horas (38 km/h de promedio).
Na proba, organizada pola Federación Galega de Ciclismo participarán 126 ciclistas correspondentes a 18 equipos da categoría Elite e Sub-23.
Máis información na web da proba www.voltacoruna.com