Sede electrónica
Cerrar
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016
Noticias

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016

“PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS  MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016 ”

Beneficiarios

Persoas que teñan ó seu cargo fillos menores de tres anos á data 01/01/2016 (nados entre o 02.01.2013 e o 01.01.2016 incluidos) e que, durante o ano 2014, nin eles nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigados a prestar a declaración do IRPF, nin a presentasen de xeito voluntario.

Requisitos:

Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.

Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Que durante o ano 2014, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Contía da axuda: 

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

  Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

  Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación a presentar :

 

-Fotocopia do libro de familia ou certificado literal de nacemento do rexistro civil.

-Certificado de empadroamento do conxunto de toda a unidade familiar.

-Copia da sentencia de separación, nulidade ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.

 

Prazo para a presentación de solicitudes : ATA O 7 de MARZO  DE 2016.

 

Se vostede reúne os requisitos e quere presentar esta solicitude pode facelo e obter máis información no Departamento de Servizos Sociais deste Concello, recordándolle que o horario de atención é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Sen mais e esperando que esta información sexa do seu interese, aproveito a ocasión para enviarlle  un cordial saúdo.