
CURSO "IMAXE E TECNOLOXÍA PARA A EMPRESA"
O Concello de Sobrado organiza un curso gratuito de "Imaxe e tecnoloxía para a empresa" pensado para autónomos, pemes, cooperativas ou calqueira tipo de sociedade.
Terá lugar o mércores 6 de xuño en horario de 20 a 22 horas no Edificio de Usos Múltiples "Casa da Irmandade".
O temario do curso consta do seguinte:
- Identidade corporativa
- Posicionamento SEO
- Entendendo a Google
- Uso das redes sociais
- A publicidade en internet
- Uso da tecnoloxía de xeito eficiente