Sede electrónica
Cerrar
Máis de 1.000.000 € para restaurar o Mosteiro de Santa María
Noticias

Máis de 1.000.000 € para restaurar o Mosteiro de Santa María

Máis de 1.000.000 € para restaurar o Mosteiro de Santa María

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez visitou onte o Mosteiro de Santa María de Sobrado. Román Rodríguez anunciou onte que se están a redactar os proxectos básico e de execución da restauración do Mosteiro de Santa María.

A intervención servirá para solventar problemas de filtracións e humidades na Igrexa Maior e no entorno da Biblioteca. Suporá unha inversión superior ó millón de euros e está previsto que as obras poidan comezar no vindeiro outono.