¿QUÉ É?
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento local de Sobrado é o instrumento para a execución das accións de promoción económica, emprego, cooperación empresarial e o fomento do espíritu emprendedor.
OBXECTIVOS:
-
Asesorar ós emprendedores locais e ás empresas no relativo a súa constitución, marco legal, funcionamento, liñas de financiación, subvencións; e tramitar os diversos programas que a Dirección Xeral de Promoción do Emprego pon en marcha:
-
Apoio a emprendedores: autónomos, economía social e iniciativas de emprego.
-
Incentivos á contratación por conta allea
-
Programas de cooperación.
-
Escolas obradoiro e obradoiros de emprego.
-
Programas de Cooperación.
-
Acompañar o desenvolvemento de aqueles proxectos asesorados dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
-
Informar e tramitar subvencións para a mellora competitiva e ampliación de empresas xa existentes.
-
Detectar recursos ociosos, ou susceptibles de explotar, favorecendo a creación de empresas e a diminución do desemprego.
-
Axudar ó colectivo de desempregados, facilitando a súa inserción laboral colaborando na busca activa de emprego.
SERVIZOS QUE PRESTA:
-
Orientación e asesoramento laboral ós DESEMPREGADOS:
-
Ferramentas para a busca de emprego: currículum vitae, cartas de presentación, entrevistas, etc...
-
Información e intermediación laboral con empresas da zona que demandan traballadores.
-
Autoemprego e Economía Social; subvencións para inicio de actividade.
-
Información sobre accións formativas.
-
Orientación e asesoramento a EMPRENDEDORES:
-
Apoio de iniciativas locais de emprego.
-
Elaboración de proxectos empresariais; estudios de mercado e estudios de viabilidade
-
Trámites para a creación de empresas.
-
Información e tramitación de subvencións para a posta en marcha de empresas, contratación de traballadores, compra de maquinaria, etc...
-
Asesoramento e información do programa LEADER+.
-
Mediación con outros organismos de promoción empresarial.
-
Colaboración e asesoramento a EMPRESARIOS:
-
Difusión dos PROGRAMAS DE FOMENTO DO EMPREGO, para a contratación de xente do noso concello.
-
Información e tramitación de subvencións para a ampliación de empresas, adquisición de nova maquinaria, contratación de traballadores, préstamos subvencionados, etc...
-
Intermediación laboral, colaborando na busca de traballadores para as empresas.
DESTINATARIOS:
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local traballa cos seguintes colectivos:
-
Promotores cunha idea empresarial.
-
Pequenas e medianas empresas.
-
Asociacións.
-
Desempregados e desempregadas.
-
Público en xeral.
Datos de contacto:
Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
Óscar Ramos Seoane.
Concello de Sobrado.
email: oscar.ramos@sobrado.es
Tlf.: 981787508.
Fax: 981787577.
|