Sede electrónica
Cerrar
Camiño Norte de Santiago
Ver más en Albergues

Camiño Norte de Santiago

Camiño Norte de Santiago

O Camiño Norte (ou Camiño da Costa) é o Camiño de Santiago que empeza en Irún e transcorre pola costa cantábrica. Ata Ribadeo, a primeira poboación galega, o trazado segue a liña litoral (non sempre preto da costa), e é a partires da mencionada poboación que a ruta se alonxa da costa para dirixirse á capital galega. O Camiño do Norte é un dos camiños históricos que os peregrinos medievais seguían para visitar o sepulcro do apóstolo, aínda que os historiadores coinciden en que nunca foi moi frecuentado á causa da orografía e o menor número de localidades que ofrecían hospitalidade.
 
Hoxe en día o Camiño do Norte, xunto coa Vía da Prata e o Camiño Portugués, converteuse nunha boa alternativa ó Camiño Francés para todos aqueles camiñantes que queiran fuxir da masificación que nos últimos anos sofre dito camiño ou que queren unha peregrinación máis comprometida ou máis espiritual. Ou que buscan unhas paisaxes que no imaxinario popular son máis espectaculares que en outras rutas, al ser éste un camiño litoral.
 
Discorre por Sobrado cun total de 15,7 quilómetros, logo de atrevesar terras de Friol, na provincia de Lugo e antes de entrar en terras de Boimorto, xa na provincia de a Coruña. O Mosteiro dispón no Claustro dos Peregrinos dun Albergue cunha capacidade para 100 persoas. Así pois Sobrado, é o primeiro Concello da provincica da Coruña que os peregrinos pisan no seu camiño cara a Santiago de Compostela.
 
Miles de peregrinos de diferentes nacionalidades, transitan cada ano por esta ruta, na que quedan maravillados da riqueza arquitectónica e paisaxística de Sobrado.

Información de contacto