Sede electrónica
Cerrar
Aviso legal

Aviso legal

TITULARIDADE DO SITIO WEB
 
En cumprimento da Lei de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:
 
Dominio: http://www.sobrado.es/
 
Titular: Concello de Sobrado
 
Domicilio social: Plaza Portal, 1. 15813 – Sobrado (A Coruña – Galicia).
 
Teléfono: (+34) 981 787 508
 
E-mail: correo@sobrado.es
 
CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN
 
O Concello de Sobrado resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a estes, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación.
 
A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web.
 
O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
 
Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.
 
A reponsabilidad da utilización da información contida na páxina web é do Usuario.
 
O Concello de Sobrado non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento e resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as Condicións Xerais de Acceso.
 
En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o Concello de Sobrado ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.
 
Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio web.
 
O Concello de Sobrado rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos dos enlaces publicados na súa páxina web.
 
A páxina corporativa ofrece enlaces a outros web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que o Concello de Sobrado trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente neles.
 
O Concello de Sobrado non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitud, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios web non xestionados por esta administración e que resulten accesibles a través do noso Portal. No entanto, esta administración encádrase dentro do apartado a) do artigo 17 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), xa que esta administración respecto de enlaces facilitados na web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.
 
O Concello de Sobrado queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web.
 
O Concello de Sobrado non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo noso Concello.
 
Exención de responsabilidade sobre o uso indebido de métodos de autenticación
 
O Concello de Sobrado non se fai responsable do uso indebido do login e password ou calquera outro método de autenticación utilizado -certificado dixital, etc- dos usuarios para o acceso aos contidos e servizos que os requiran e que se ofrezan na páxina web, nin das consecuencias de calquera natureza derivadas do mal uso por parte dos usuarios, a perda ou esquecemento do login e password ou calquera outro metodo de autenticación, nin do seu uso indebido por terceiros non autorizados.
 
Normas de uso
 
O Concello de Sobrado pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración. Desta forma pode atopar dentro do portal web municipal contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:
 
Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Portal Web do Concello de Sobrado están licenciados baixo unha licenza Creative Commons 2.5 España License. Vostede é libre de copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra e facer obras derivadas, baixo as condicións seguintes: Recoñecemento. Debe atribuír este traballo a Concello de Sobrado. Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais. Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
 
As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario. Permisos máis alá do alcance desta licenza están dispoñibles a través desta páxina de petición de información.
 
Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.